Astarot - Cantiga do Neno da Tenda
Bos aires ten unha gaita
sobor do Río da Prata
que a toca o vento do norte
coa súa gris boca mollada
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda
Basoira que te basoira,
polvo de estantes e caixas (Bis)
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseaban
soñando un val imposible
na verde riba da pampa
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza (Bis)
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza (Bis)
¡Triste Ramón de Sismundi!
veira do Río da Prata
viu na tarde amortecida
vermello muro de lama
Basoira que te basoira
polvo de estantes e caixas (Bis)
(Solo)
Foise pra veira do río
veira do Río da Prata
sauces e cabalos múos
creban o vidro das ágoas
Non atopou o xemido
malencónico da gaita
Non viu o inmenso gaiteiro
coa frolida de alas
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza (Bis)
(Solo final)
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.