Indistinguishable Lyrics

 

AstarotMeuAmorEMarineiro

Page history last edited by Ivi 2 yrs ago

Astarot - Meu Amor é Mariñeiro

 

Meu amor é mariñeiro

e vive no alto mar,

son os seus brazos o vento

ninguén llos pode amarrar.

 

Meu amor é mariñeiro

e cando me ven falar

pon un carabel nos beizos

no corazón un cantar.

 

Eu son libre como as aves

e paso a vida a cantar,

corazón que nace libre

non se pode encadear.

 

Traio un navío nas veas

eu nacín pra mariñar;

quen tente porme cadeas

háme primeiro matar

vale máis ser libre un día

no confín do bravo mar,

que vivir toda a vida,

preso, escravo e a calar.

 

El vive alá lonxe, lonxe,

onde brúa o bravo mar,

e coa súa forza inmorrente

onda nós ha de voltar.

 

Eu son libre como as aves

e paso a vida a cantar,

corazón que nace libre

non se pode encadear.

 

Polas rúas das cidades

hei de pasar a cantar,

traguendo na mau direita

a espada da libertad

Como se un navío entrase

de supeto, na ciudad,

traguendo a voar no mástil

bandeiras de libertad.

 

Nun momento, de repente,

eu sei que un día virá,

como se o mar e o vento,

en nós abrise a cantar.

 

Hei pasar polos lugares

como o vento no areal

abrir tódalas ventanas

coa escravitude acabar.

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.