Astarot - O romance da lavandeira
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara,
eu pasaba polo río,
de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira
que lavaba ó par da agua
ela lavaba no río,
e unha cántiga cantaba.
Moza que ves do muíño,
moza que vas pola estrada:
axúdame a retorcer
miña sábana lavada.
Santa María te axude,
e San Lourenzo te vaia
Desparece a lavandeira
como fumeira espallada.
Onde as sábanas tendera
poza de sangue deixara.
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara...
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.