Indistinguishable Lyrics

 

AstarotUnhaNoiteNaEiraDoTrigo

Page history last edited by Ivi 2 yrs ago

Astarot - Una noite na eira do trigo

 

Unha noite na eira do trigo

ó reflexo do branco luar

unha nena choraba sen trebolas

os desdéns do ingrato galán.

 

E acoitada entre queixas dicía

xa no mundo non teño a ninguén,

vou morrer e non ven os meus ollos,

os olliños do meu doce ben.

 

Os seus ecos de malencolía,

camiñaban nas alas do vento

e un lamento.... repetía...

vou morrer e non ven o meu ben.

 

Lonxe dela de pé sobre a popa

dun leve e negreiro vapor

emigraba camiño de América

vai o probe e infeliz amador.

 

E o mirar a sentis anduriñas

cara a terra que deixa cruzar

quen poidera dar volta, pensaba

quen poidera con vosco voar.

 

Mais as aves e o buque fuxían,

sen ouir seus amargos lamentos,

soio os ventos repetía,

quen poidera convosco voar.

 

Noites craras de aromas e lúa,

dende entón que tristeza en tempos hai

pros que viron chorar unha nena

pros que viron un barco marchar.

 

Dun amor celestial verdadeiro,

quedou soio de bagoas a popa

unha cova un outeiro

e un cadavre no fondo do mar...

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.